Riogordo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Riogordo é un concello español da provincia de Málaga, Andalucía, e pertence á comarca da Axarquía que dista 40 km de Málaga e 30 km de Vélez-Málaga (capital da Axarquía)[1]. A súa altitude sobre o nivel do mar é de 405 msnm, inclinándose o núcleo urbano de norte a sur. As alturas máis destacadas son as do Tajo de Gomer (1 129 msnm), a sierrecilla del Rey (972 msnm), o cerro de Sancristía (620 msnm) e a loma del Terral (573 msnm). Cruzan o termo, ademais do núcleo urbano, o río da Cova e os arroios da Golilla, Morena e Solanas.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Málaga | ||||
Capital | Riogordo (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.795 (2023) (68,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41 km² | ||||
Altitude | 405 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Ales Montesinos (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29180 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 29083 | ||||
Páxina web | riogordo.es |
En 2017 tiña 2715 habitantes, 1292 mulleres e 1423 homes, segundo o INE.
As súas festas patronais fanse en honra de San Xacinto e A nosa Señora de Gracia en agosto. Convocan a miles de paisanos de todos os recunchos de Europa. Tamén é moi famosa a representación da paixón de Xesús coñecida por "El Paso" que se celebra cada venres e sábado santo. Nela traballa moita xente do pobo e é tal a tradición, que xeración tras xeración traballan moito, con idades desde os 6 anos ata persoas anciás.
O xentilicio é Riogordeño.
Ten piscina municipal, biblioteca, museo etnográfico, colexio público (Nuestra Señora de Gracia) e unha cooperativa oliveira, na que se produce un dos mellores aceites da provincia, chamada Agro-olivarera Riogordo S.C.A., que mantén as dúas antigas marcas das cooperativas fusionadas, "Rioliva" e "El Borbollón".