Rochester, Nova York
cidade do estado de Nova York, nos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rochester é unha cidade na ribeira sur do lago Ontario, no oeste do estado de Nova York, que é a capital do condado de Monroe. Cunha poboación de 208 046 habitantes, Rochester é a terceira cidade máis poboada do estado despois de Nova York e Buffalo. A súa área metropolitana ten unha poboación de algo máis dun millón de persoas. A cidade atópase a 117 km ao leste de Buffalo e a 140 km ao oeste de Syracuse.
Rochester (en) | |||||
Nomeado en referencia a | Nathaniel Rochester (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Condado | Condado de Monroe (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 211.328 (2020) (2.196,18 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 88.006 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Rochester metropolitan area (en) (Poboación:1.090.135) | ||||
Superficie | 96,225189 km² | ||||
Auga | 3,6978 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Lago Ontario, Rio Genesee (pt) e Canle de Erie | ||||
Altitude | 154 m | ||||
Creación | 1803 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Malik Evans (en) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14600–14699 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 585 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Modi'in-Maccabim-Re'ut (pt) Rennes (1958–) Würzburg (1964–) Caltanissetta (pt) (1965–) Rehovot (pt) (1972–) Cracovia (1973–) Bamaco (1975–) Waterford - Port Láirge (1983–) Nóvgorod (1990–) Hamamatsu (1996–) San Felipe de Puerto Plata (pt) (1997–) Xianyang (pt) (2007–) Alytus (pt) (2009–) | ||||
Páxina web | cityofrochester.gov |
Rochester foi unha das primeiras cidades en auxe dos Estados Unidos, inicialmente grazas ao fértil val do río Genesee, construíndose no lugar numerosos muíños de fariña, e despois converténdose nun centro de fabricación.[1] Varias das universidades da rexión (destacando a Universidade de Rochester e o Instituto de Tecnoloxía de Rochester) teñen recoñecidos programas de investigación. A área é o lugar de nacemento de compañías como Kodak, Western Union, French's, Bausch & Lomb, Gleason e Xerox, que realizan extensas investigacións e fabricación de produtos industriais e de consumo. Ata 2010 a área metropolitana de Rochester foi a segunda maior economía rexional do estado, despois da área metropolitana da cidade de Nova York.[2] O Produto Rexional Bruto de Rochester desde entón situouse xusto por debaixo de Buffalo, aínda que superándoa en renda per cápita.[3]
No ano 2007, a 25ª edición do Places Rated Almanac considerou a Rochester como a "cidade máis habitable" entre 379 áreas metropolitanas dos Estados Unidos.[4] En 2010 Forbes clasificou a Rochester o terceiro mellor lugar para formar unha familia nos Estados Unidos.[5] En 2012 Kiplinger rated Rochester como a quinta mellor cidade no país para as familias, citando un custo baixo da vida, boas escolas públicas, e unha baixa taxa de desemprego.[6]