música maliana From Wikipedia, the free encyclopedia
Rokia Traoré, nada o 24 de xaneiro de 1974, é unha cantante, compositora e guitarrista maliana.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1974 (50 anos) Kolokani, Malí (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Malí Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora , cantante , compositora |
Período de actividade | 1997 - |
Xénero artístico | World music e Música africana |
Lingua | Lingua bambara e lingua francesa |
Instrumento | Guitarra e voz |
Premios
| |
Páxina web | rokiatraore.net |
Traoré pertence á etnia bambara, tamén chamada bamana. Naceu en 1974 na rexión de Belidougou, en Malí, preto da fronteira con Mauritania.[1] Durante a súa infancia e mocidade residiu en varios países do mundo -entre eles Alxeria, Arabia Saudita, Francia e Bélxica-, debido a que o seu pai era diplomático.[2]
Aínda que os bambara teñen unha importante tradición musical, baseada nos griots, músicos profesionais, a familia de Traoré pertencía á nobreza, que ten tradicionalmente prohibido dedicarse á música. No entanto, Rokia emprendeu a carreira musical, contando entre os seus primeiros mestres ao soado guitarrista maliano Ali Farka Touré.[1]
Unha das súas primeiras cancións, "Finini", tivo un grande éxito no seu país natal. En 1997 gañou o premio "Découverte Afrique" de Radio Francia Internacional, o que lle proporcionou a oportunidade de darse a coñecer fóra de Malí.[1] O seu primeiro disco publicado internacionalmente, Mouneissa (1998) tivo un grande éxito polo seu tratamento da música tradicional maliana e o emprego de instrumentos como o n'goni, a kora e o balafon xunto coa guitarra e o baixo acústicos. En Europa vendeu unhas 40.000 copias. Dous anos despois, en 2000, publicou Wanita, álbum para o que compuxo a letra e a música de todos os temas.[2]
En 2003 publicou o seu terceiro álbum, Bowmboï, e en 2008 o cuarto, Tchamantché. Neste último, Traoré asina todas as cancións, fóra dunha versión dun tema de Billie Holiday, The man I love.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.