Mauritania

país da África Occidental From Wikipedia, the free encyclopedia

Mauritania
Remove ads

Mauritania[1] é un país da África Occidental. Limita ao norte co Sáhara Occidental, con Alxeria ao nordeste, o sur e o leste con Malí, ao sur co Senegal e ao oeste co océano Atlántico. É un dos países máis próximos a Cabo Verde. A súa capital é Nouakchott.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Remove ads

Historia

Os restos de material lítico mostran o poboamento de Mauritania durante o Paleolítico Inferior. Fican tamén algúns restos de pinturas rupestres, aínda que pobres en comparación cos do Tassili, e que corresponden aos pobos gandeiros do Neolítico. A partir do terceiro milenio, o desecamento do Sáhara forza as poboacións a emigrar cara ao sur, para a conca do río Senegal e máis ao sur aínda. O baleiro é paulatinamente cuberto por poboacións bérberes vindas desde o norte, sobre todo desde os últimos séculos do primeiro milenio antes do cambio de Era, mercé a introdución desde oriente do camelo.

Nos primeiros séculos da era cristiá, porén, o dominio sobre o territorio corresponde ao reino de Ghana, de poboación negra. Este dominio dos ghaneses mantense até o século X, controlando o comercio de ouro, sal e escravos cara ao norte do Magreb. No século XI, poboacións bérberes, con centro en Tarsina, emprenden unha revolución relixioso-militar, que levará ao dominio do Sudán occidental, e a creación da seita islámica dos almorábides, que se expandirá logo para o norte magrebí e até o Al-Andalus. En 1143 este estado afúndese ante a aparición dunha nova seita: os almohades, que continúan o dominio bérber. A partir da segunda metade do século XIII, os hassaniya, árabes, impoñen o seu dominio, creando o sistema de estamentos, que sen grandes variación perdurou até as portas do século XXI. O estrato superior monopolizando as xefaturas, os xeques, corresponde aos tales hassaniya; no estrato intermedio colócanse os zenagga, bérberes vasalos dos anteriores; no estrato inferior están os escravos negros. O sistema económico segue a ser o dos séculos anteriores: comercio de escravos, ouro - estes enviados ao norte polas rutas transaharianas - e sal.

Desde a segunda metade do século XV, os contactos cos europeos aumentan desde que os portugueses fundan factorías na costa. Agora boa parte do comercio de escravos desvíase para eses enclaves litorais.

A partir do final da era napoleónica, os franceses emprenden a penetración no río Senegal, no sur do Mauritania. En 1912 o país fica baixo o seu protectorado, e desde 1920 é formalmente unha colonia dentro da África Occidental Francesa, que é dirixida desde a cidade de Saint Louis, Senegal. Logo dunha fase de autonomía a fins da década de 1950, o 28 de novembro de 1960, Mauritania logra a súa total independencia, organizándose como unha República Islámica.

Remove ads

Subdivisións

Mauritania está dividida en 13 wilayas. Cada wilaya está, á súa vez, subdividida en mughataaou distritos (52 en total).

Máis información #, Wilaya ...
Remove ads

Xeografía

Mauritania ten fronteiras con Alxeria, o Sáhara Occidental (controlado por Marrocos desde o Tratado de Madrid), Malí e máis o Senegal.[2] Trazadas polos colonizadores franceses, explícanse así a dereitura das liñas.

O país divídese en catro rexións naturais. Ao longo do litoral atlántico estendese unha grande área areosa que corresponde ao deserto do Sáhara. A rexión central está salpicada de chairas escarpadas. No leste aparecen as grandes cubetas dunares. O río Senegal escavou un longo val na fronteira meridional: é a cuarta rexión. Un segundo curso fluvial importante é o Karakoro.

O clima é extremadamente árido, o que explica a débil densidade de poboación.

Economía

Thumb
Descrición gráfica dos 28 principais produtos de exportación do país.
Artigo principal: Economía de Mauritania.

Mauritania posúe certas cantidades de reservas de petróleo e de gas localizadas nas súas augas territoriais. Ademais conta con áreas de ouro e de diamantes. Cóntase con tales reservas para tentar relanzar economicamente o país.

A minería do ferro é importante, de modo que se coida que a mina a ceo aberto de Zouerate é a maior mina férrica activa do mundo. Ligado á súa explotación figura o ferrocarril de Snim, que posúe a Sociedade Nacional Mineira, cun tren considerado como o máis longo da Terra (2,400 km e 254 vagóns), que transporta o mineral desde a mina até a costa.

Outra importante actividade é a pesqueira, ligada á explotación dun mar territorial mauritano, que nesta altura está considerado como o máis produtivo do mundo. O centro pesqueiro está na cidade de Nuadhibu (ou Nouadhibou en escrita á francesa), situada no litoral norte do país.

Remove ads

Demografía

Consonte estimacións do ano 2007, a poboación mauritana alcanzaba os 3.270.065 de habitantes, mentres a esperanza de vida era tan só de 53,12 anos (estimacións de 2006). En 2025, a poboación mauritana é de 5.128.141 de habitantes,[3] mentres a esperanza de vida en 2021 era de 68,12 anos.[4]

Desde un punto de vista étnico, en 2007 a poboación estaba composta de árabes nun 30% (o termo árabe refírese na súa maior parte a descendentes de bérberes arabizados), e un 30% de negros; mentres que eran cualificados como individuos de orixe mixta (árabe-negro) un 40%. O contraste de persoas é unha característica salientable da poboación de Mauritania: baste lembrar que a escravitude foi legalmente abolida aínda en 1981, mais segundo datos de SOS Esclaves en 2007 había 600.000 escravos no país. Recentes leis castigan a posesión de escravos.[5]

Aproximadamente o 99% dos habitantes profesa a relixión islámica, na súa maior parte baixo a confesión sunnita.[6]

A lingua oficial é o árabe, e a variedade que se fala no país é o hassanía, que tamén se emprega no sur de Marrocos e no Sáhara Occidental. Ademais o francés está estendido dabondo. O wólof, pular e soninke están recoñecidas como linguas nacionais.[2] Aínda que faltan datos máis precisos, sobreviven aínda falantes dunha variante bérber, o zenaga, que presenta numerosas peculiaridades a respecto doutros falares bérberes.[7]

Remove ads

Cultura

Artigo principal: Cultura da Mauritania.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads