Romaría de El Rocío
From Wikipedia, the free encyclopedia
A romaría de El Rocío é unha manifestación de relixiosidade popular en honor da Virxe do Rocío. Celébrase o luns posterior ao domingo de Pentecoste. A ermida onde se atopa a Virxe áchase no poboado almonteño de El Rocío, na provincia de Huelva. A irmandade de Almonte é a encargada de organizar os cultos e romaría da Virxe.
Está declarada festa de interese turístico internacional.