traxedia de William Shakespeare From Wikipedia, the free encyclopedia
Romeu e Xulieta[2], ás veces Romeo e Xulieta[3] (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet.
Romeu e Xulieta | |
---|---|
Representación da famosa escena do balcón de Romeu e Xulieta. Pintura de 1884, por Frank Dicksee. | |
Título orixinal | The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet[1] |
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Tema(s) | Amor prohibido |
Xénero(s) | Traxedia |
Data de pub. | 1597 (Q1) 1599 (Q2) 1609 (Q3) 1622 (Q4) 1637 (Q5) 2003 (1ª tradución o galego) |
Tradución | Miguel Pérez Romero |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado pola Editorial Galaxia en 2003.[3]
A obra trata sobre dous amantes que viven un amor imposible pola rivalidade das súas familias, os Montescos e os Capuletos. Só a morte dos amantes conseguirá conciliar as súas familias. Xunto con Hamlet foi unha das obras máis populares da época de Shakespeare, e segue a ser unha das máis representadas. A estrutura dramática empregada polo dramaturgo inglés é notable, especialmente na combinación de comedia e traxedia para aumentar a tensión narrativa, así como no desenvolvemento de enredos secundarios e a expansión que sofren os personaxes máis secundarios, outorgándolle un sentido de forte complexidade ó relato. Os dous protagonistas acadaron co tempo un valor simbólico, derivando no arquetipo do amor perfecto pero que a sociedade fai imposible. De Romeu e Xulieta fixéronse numerosas versións teatrais, cinematográficas, musicais e de banda deseñada. A obra traduciuse a gran número de linguas. A tradución galega apareceu no ano 2003.
Romeu e Xulieta pertence á tradición de romances tráxicos que xa ven da antigüidade, o seu argumento baséase en dous contos italianos, o de Matteo Bandello e o de Masuccio Salernitano na versión que del fixo Luigi da Porto e que traduciu en 1562 Arthur Brooke titulando á súa obra The Tragical History of Romeus and Juliet e que William Painter reescribiu en prosa en 1582 co título Palace of Pleasure. Shakespeare baseouse nas dúas obras para escribir a súa entre 1591 e 1595, engadíndolle personaxes novos tales como Mercucio e Conde Paris.
Foi escrita na primeira etapa como literato de Shakespeare. Como libro publicouse por primeira vez en 1597, o texto considérase de baixa calidade, segundo o crítico T. J. B. Spencer a edición non sería de Shakespeare senón que estaría baseada no recordo do texto por parte dos actores que a representaron. En 1599 publicouse a seguinte edición que tiña o título de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet, conta con 800 versos máis ca versión anterior e é un texto máis completo e fiable, reimprimiuse varias veces ó longo da primeira metade do século XVII. A edición que aparece no First Folio (1623), na que se basean os textos canónicos da maioría das obras de Shakespeare, é a reimpresión de 1609 con algúns engadidos. A primeira versión moderna é a de Nicholas Rowe e data de 1709.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.