Comedia
forma literaria From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A comedia é un dos xéneros clásicos do teatro e del pasou a outras artes como o cine e a televisión. Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía.
Remove ads
Historia
Aristóteles, na súa Arte Poética, para diferenciar comedia de traxedia di que esta última trata esencialmente de homes superiores (heroes) e a comedia fala sobre os homes inferiores (persoas comúns).
No século XX as liñas entre a traxedia e a comedia esvaéronse un tanto. A fórmula clásica das traxedias que terminan con enterros deixan de ser certas. As obras de humor negro de moitos dramaturgos modernos como Samuel Beckett, Harold Pinter ou Martin McDonagh poden ser simultaneamente cómicas e tráxicas.
Remove ads
Características
Respecto ó contido, na comedia plásmase a imperfección do home e o mundo cunha posibilidade de superación ou solución feliz. As figuras acostuman ser de categoría menor que as da traxedia.
Respecto ás funcións, a comedia mostra as limitacións do mundo e as debilidades do home procurando a diversión, mais sen esquecer a crítica individual e social.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads