Río Lech

río de Austria e Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Lechmap

O río Lech é un afluente pola dereita do río Danubio en Austria e Alemaña.

Thumb
O río Lech preto de Augsburgo

Cunha lonxitud de 285 km, a súa cunca abarca os 3 919 km 2.[1]

Orixínase no estado austríaco de Vorarlberg, atravesa o Tirol e desemboca no Danubio en Baviera (atravesando as rexións de Suabia e Alta Baviera).

É o afluente alemán máis importante do Danubio, despois do río Eno.

No Lech hai 30 centrais hidroeléctricas e 24 encoros.

As maiores cidades nas beiras do río Lech son Landsberg am Lech e Augsburgo.

Etimoloxía

Inscricións dos séculos VII e VIII a.C. demostran que o nome do río se menciona por primeira vez no nome da tribo celta Licates. O propio río chámase Likios ou Likias no século II. Ao redor do ano 570 o nome Licca aparece rexistrado. No século VIII apareceron nomes como Lecha e Lech. O termo Licus aínda se usaba en 1059.

A palabra Lech provén do termo latino Licus, e este do celta Lik. Estas dúas palabras significan "que é rico en pedras", o que se pode ver aínda hoxe.[2][3]

Historia

En máis dunha ocasión prodicíronse acontecementos históricos nas beiras deste río.

Galería

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.