Río Loira, Francia
río de Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Loira (francés: Loire, bretón: Liger, occitano: Léger) é un río de Francia de 1020 quilómetros, o máis longo de Francia. Nace no Mont Gerbier de Jonc (departamento de Ardèche). A súa desembocadura esta no estuario de Nantes, na Bretaña histórica, agora departamento da Loire-Atlantique. A súa conca é de 117.000 km², a quinta parte do territorio de Francia.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Río Loira.
Datos rápidos Loira, País ...
Loira | |
---|---|
O Loira ao seu paso por Orleáns | |
País | Francia |
Nacemento | Mont Gerbier de Jonc no departamento Ardèche |
Lonxitude | 1.012 km |
Conca | 117.000 km² |
Caudal medio | 903 m³/s (en Nantes) |
Desembocadura | Océano Atlántico |
] | |
Localización do río Loira en Francia. | |
Pechar
O río Loira dá nome a seis departamentos de Francia (Indre e Loira, Loire, Haute-Loire, Loire-Atlantique, Maine-et-Loire e Saône-et-Loire), unha rexión (Pays de la Loire), e ao val de Loire, clasificado no ano 2000 como patrimonio mundial pola UNESCO. Nesta parte do Loira encóntranse unha morea de castelos dos reis de Francia.