Río Tambre
curso fluvial galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.[4][5][6]
Río Tambre | |
---|---|
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Lagoa de Sobrado [1][2] |
Altitude | 510 m |
Lonxitude | 124,5 km [2][3] |
Conca | 1.530 km² [2][3] |
Caudal medio | 54,1 m³/s [2][3] |
Caudal relativo | 35,4 L/s/km² [2][3] |
Desembocadura | Ría de Muros e Noia |
Altitude desembocadura | 0 m |
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro | |
Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza[1][2], en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².
Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala, o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.