O século XII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1200 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1101 a. C.
O século XII adC é o período comprendido entre o 1200 e o 1101 a.C. Co colapso da Idade do Bronce tardía no antigo Oriente Próximo e Mediterráneo oriental adoita considerarse que comeza neste século.
1200 a.C: Desenvólvese a primeira civilización en América Central e do Norte arredor do 1200 aC nas rexións costeiras do sur do golfo de México. Coñecida como a civilización Olmeca, o seu sitio inicial está en San Lorenzo. Ler máisArquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
1181 a.C. <! - 1191, segundo a Wikipedia en inglés ->: Menesteo, lendario rei de Atenas e veterano da Guerra de Troia, morre despois dun reinado de 23 anos, sucedeo o seu sobriño Demofonte, fillo de Teseo. Segundo outros investigadores morreu dez anos antes na Guerra de Troia.
1180 a.C.: os hebreos cruzán o río Xordán e chegan a Canaán a recuperar a súa terra.
1180 a.C.: os elamitas derrotan ao último rei casita, Anllil-Nadin-Akhe.
16 de abril de 1178 a.C. un eclipse solar marca o retorno de Odiseo, "o lendario rei da illa de Ítaca, ao seu reino, transcorreron 20 anos fóra ata que puido retornar ao seu fogar. Ese día mata os pretendentes da súa suposta viúva Penélope.
1177 a.C.: Ramsés III derrota de forma pírrica os Pobos do Mar[1].
1159 a.C.: en Islandia, a erupción do volcán Hekla 3 desatou un período de empeoramento climático de 18 anos en toda Europa.
1126 a.C.: Timetes, lendario 15º rei de Atenas, moore sen fillos despois dun reinado de 8 anos. Sucedeuno o seu herdeiro designado, Melanto de Pilos, descendente de quinta xeración de Neleo, que o asistira na batalla contra os beocios.
1122 a.C.: segundo a lenda, fundase a cidade de Pyongyang.
1122 a.C.: na China comeza a dinastía Zhou; chegara ata o ano 249 a.C.
Anos 1120 a.C.: Ramsés IX, oitavo faraón da XX Dinastía de Exipto.
1120 a.C.: destrución da localidade de Troia VIIb 1