Neleo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Na mitoloxía grega Neleo é fillo de Poseidón e Tiro e irmán de Pelias. É fundador de Pilos, en Mesenia. Morreu a mans de Heracles, xunto aos seus fillos por unha afronta que inflinxira ao heroe. Dos doce fillos que tiña só se salvou Néstor, o ancián caudillo que aparece entre os gregos sitiadores de Troia.

Segundo Heródoto, os Pisistrátidas (Πεισιστρατίδας), os tiranos que gobernaron Atenas de 561 - 510 a. C., eran orixinarios de Pilos e pretendían ser descedentes de Neleo. Tamén conta Heródoto que Pisístrato, o tirano de Atenas, foi chamado así polo seu pai Hipócrates na honra do Pisístrato fillo de Néstor.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads