c. 2300 a.C.: créase a canle Bahr Yusuf (nome actual) cando a vía fluvial do Nilo ata o lago natural (agora Lago Moeris) é ensanchada e afondada para crear unha canle.
c. 2300 a.C. - 2200 a.C.: "Cabeza dun home de Nínive" (moderno Kuyunjik, Iraq). Agora atópase no Museo de Iraq, Bagdad.
c. 2288 a.C.: escúlpese "A raíña Merye-ankhnes e o seu fillo Pepi II", VI dinastía exipcia. A estatuíña de alabastro atópase agora no Museo de Arte de Brooklyn, Nova York.
c. 2285 a.C.: nace Enheduanna, gran sacerdotisa do deus da lúa Nanna en Ur.
c. 2278 a.C.: (probablemente) o faraónPepi II comeza a gobernar.
c. 2254 a.C. - 2218 a.C.: faise a estela de Naram-Sin, probablemente de Sippar, descuberta en Susa (moderna Shush, Irán). Agora está no Musée du Louvre, París.
c. 2250 a.C.: comezo da etapa Meghalayan, a última das tres etapas do Holoceno.[2][3]
c. 2250 a.C.: primeiras probas de cultivo de millo en Centroamérica.
c. 2240 a.C.: Acad, capital do Imperio acadio, convértese na cidade máis grande do mundo, superando a Menfis, capital do Exipto.[4]
2222 ou 2221 a.C.: na provincia de Shanxi (China), a uns 200km ao noroeste da actual cidade de Xian, rexistrase un terremoto de 5,5 graos na escala de Richter. Descoñécese o número de vítimas.
c. 2220 a.C.: nas Shetland, Escocia, establécese a granxa Scord of Brouster.
c. 2220 a.C.: o volcán monte Edgecumbe (Alasca) rntra en erupción preto da actual Sitka, Alasca.
2218 a.C.: no actual Iraq, a tribo dos gutis conquista Acad.
c. 2215 xullo a.C.: o Cometa Hale-Bopp visita o sistema solar interior e non volvería ata o ano 1997 d.C..
2200 a.C.: en Bubastis <!- 29,7 31,6-> (actual Tell Basta, en Exipto) hai un terremoto con corremento de terra (descuberto e datado por análises arqueolóxicas).
Sargón de Acad, fundador do Imperio acadiano e o primeiro construtor do imperio na historia rexistrada
2279 a.C.: morre o rei Sargón I (n. 2334 a.C., segundo a cronoloxía mesopotámica).
Conners, Deanna (18
de setembro de 2018). "Welcome to the Meghalayan age". Consultado o 1 de febreiro de 2019.Carácter salto de liña en |date= na posición 4 (Axuda)