Un símbolo nacional é un símbolo dunha entidade que se considera e se manifesta ante o mundo como unha comunidade nacional: estados soberanos mais tamén nacións e países en estado de dependencia colonial ou doutro tipo, integración federal ou mesmo comunidades etnoculturais consideradas "nacionalidade" aínda que non teñan autonomía política.[1]

Thumb
Bandeira nacional da India
Thumb
O monte Kriváň, símbolo non oficial de Eslovaquia

Os símbolos nacionais pretenden unir o pobo creando representacións visuais, verbais ou icónicas do pobo, dos valores, dos obxectivos ou da historia nacionais. Estes símbolos adoitan reunirse como parte de celebracións de patriotismo ou nacionalismo e están deseñados para ser inclusivos e representativos de todas as persoas da comunidade nacional.

Símbolos nacionais oficiais

Os símbolos oficiais máis habituais son:

  • A bandeira ou o estandarte
  • O escudo do país ou da dinastía reinante
  • O selo do país ou da dinastía reinante
  • O Xefe de Estado, sobre todo nas monarquías
  • O lema
  • As cores nacionais
  • O himno nacional; xunto a este adoitan recoñecerse os valores como símbolo nacional de cancións moi populares

Símbolos non oficiais

En moitos sentidos, os lugares coñecidos dun país tamén poden verse como símbolos nacionais, así como os artigos tradicionais de artesanía, os traxes populares, os monumentos naturais, as epopeas e os mitos nacionais, así como símbolos utilizados polas seleccións deportivas nacionais e os seus seareiros.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.