Monarquía

forma de goberno From Wikipedia, the free encyclopedia

Monarquía
Remove ads

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

  1. por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
  2. recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.

Datos rápidos Fontes e ligazóns ...
Thumb
A raíña Isabel II do Reino Unido (1952-2022).

A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (rei: Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o rei Carlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Remove ads

Tipos de monarquías

Segundo a teoría política pódense considerar varios tipos de réximes monárquicos:

Monarquía absoluta

A monarquía absoluta é unha forma de goberno na que é o monarca quen exerce o poder sen restriccións en termos políticos, e na maior parte dos casos tamén nos aspectos relixiosos, ou polo menos cun gran compoñente espiritual.

Monarquía constitucional e monarquía parlamentaria

Historicamente, as limitacións ao poder dos monarcas xurdiron en Europa a partir da crise do Antigo Réxime, que nalgúns casos conduciu á supresión da monarquía e á constitución de repúblicas, como en Francia durante a Revolución francesa entre 1791 e 1804 ou en Inglaterra durante a Revolución Inglesa entre 1649 e 1660, mentres que noutros (como na monarquía polaco-lituana entre 1569 e 1795) o rei aceptou ceder parte do seu poder e compartilo con representantes elixidos.[1][2][3]

Na monarquía parlamentaria, o goberno é responsable ante o Parlamento, que é o depositario da soberanía nacional.

Monarquías híbridas

Ao longo da historia existiron sistemas de goberno a medio camiño entre a monarquía absoluta e a constitucional, onde o monarca se ve obrigado a ceder parte do seu poder a un goberno en ocasións democrático, pero continúa a manter unha importante influencia política. A evolución foi moi diferente segundo os países, e depende do dereito comparado.

Monarquía electiva

A monarquía electiva é unha forma de goberno na cal o monarca é elixido por votación a través dalgún mecanismo de natureza variábel. A diferenza da democracia, os electores e os candidatos pertencen a algún corpo restrinxido, polo cargo ocupado, a pertenza a un estamento (nacemento), ou algún tipo de condición persoal ou social. Na actualidade fican moi poucos países con esta forma de goberno; un deles é Malaisia.

Remove ads

Monarquías vixentes

Máis información País, Tipo de monarquía ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads