A síndrome respiratoria aguda grave (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios. O axente causante é o coronavirus da SARS.[1]

Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Síndrome respiratoria aguda grave
Clasificación e recursos externos
Thumb
Radiografía de paciente con SARS, mostrando opacidade por pulmonía
ICD-10U04
ICD-9079.82
DiseasesDB32835
MedlinePlus007192
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Pechar

Pneumonía asiática I

A pneumonía asiática fixo a súa aparición na provincia de Guandong en novembro de 2002 e declarouse como finalizada 8 meses despois. Estendeuse a uns 30 países, principalmente de Asia, deixando un saldo de 774 mortos, 349 deles en China e 299 en Hong Kong.

Pneumonía asiática II

(datos de comezos de 2004)

Repunta da enfermidade

As autoridades chinesas, confirman o segundo caso de síndrome respiratoria aguda grave (xaneiro 2004), coñecido como pneumonía asiática. Mentres, a Organización Mundial da Saúde (OMS), envía ó país asiático a un equipo de expertos para identificar a fonte de contaxio do último caso. A alarma saltou en Pequín, onde unha muller ingresou cos síntomas desta epidemia.

A primeira afectada

Unha rapaza de 20 anos, atópase en corentena e sometida a tratamento no hospital de Guangzhou. Os primeiros síntomas de febre producíronse o 26 de decembro (2003). Ata 48 persoas que tiveron contacto estreito coa paciente foron illadas e sometidas a un proceso de desinfección da zona onde residía. Outras 52 persoas que tamén estiveron en contacto con ela foron sometidas a estreita vixilancia médica.

Segundo afectado

Un produtor de televisión de 32 anos protagonizou o segundo caso da síndrome respiratoria. Foi declarado sospeitoso polas autoridades da provincia de Guangdong, o sábado 27 de decembro e o luns 29, confirmouse que se trataba dun caso de pneumonía asiática. Ningunha das 81 persoas que estiveron en contacto con este paciente amosaron síntomas da enfermidade e a última delas debería saír de corentena o 28 de xaneiro de 2004.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.