SARS-CoV
From Wikipedia, the free encyclopedia
O SARS-CoV, do inglés "severe acute respiratory syndrome coronavirus" ou coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave (tamén chamado SARS-CoV-1)[2] é unha cepa do virus SARSr-CoV, que causa a síndrome respiratoria aguda grave (SARS polas súas siglas en inglés).[3] É un virus de ARN monocatenario de sentido positivo con envoltura, que infecta as células epiteliais dos pulmóns.[4] O virus entra na célula hóspede ao unirse ao receptor da membrana celular ACE2 (enzima receptor da anxiotensina II).[5] Infecta humanos, morcegos e as civetas Paradoxurus.[6][7]
SARS-CoV | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de microscopio electrónico de transmisión dun virión do SARS | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
cepa | |||||||||||||||
Coronavirus da síndrome respiratoria aguda grave[1] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O 16 de abril de 2003, despois do gromo de SARS de 2002–2004 en Asia e casos secundarios en diversas partes do mundo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) emitiu unha nota de prensa na que dicía que o coronavirus identificado por varios laboratorios era a causa oficial da SARS. Os CDC dos Estados Unidos e o Laboratorio Microbiolóxico Nacional (NML) do Canadá identificou o xenoma do SARS-CoV en abril de 2003.[8][9] Os científicos da Universidade Erasmus de Rotterdam, Países Baixos demostraron que o coronavirus da SARS cumpría os postulados de Koch confirmando que era o axente causante. Nos experimentos, os macacos infectados co virus desenvolveron os mesmos síntomas que as vítimas humanas da SARS.[10]
A pandemia da COVID-19 mostrou moitas semellanzas co gromo de SARS e o axente viral foi identificado como outra cepa do coronavirus relacionado coa SARS, o SARS-CoV-2. O SARS-CoV e o SARS-CoV-2 son dúas cepas pertencentes á especie vírica SARSr-CoV (coronavirus relacionado coa SARS).