SIGINT
From Wikipedia, the free encyclopedia
SIGINT (acrónimo do inglés signals intelligence), é o termo usado para referirse á actividade de recompilación de información ou intelixencia por medio da interceptación de sinais de comunicacións entre persoas ou máquinas.
Hoxe en día, a SIGINT é a principal fonte de información dos servizos de intelixencia, a diferenza do pasado, cando a HUMINT (human intelligence) era a base da espionaxe. Porén, o uso conxunto de todas as formas de espionaxe é o que permite resultados máis eficientes, por exemplo, unha transmisión de dados pode obterse cifrada e o código para a descifrar pódeo obter un espía.