misión do transbordador espacial Endeavour From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-123 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de marzo de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-123 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-123 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de marzo de 2008, 6:28 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 15,76 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 27 de marzo de 2008[6] |
NSSDC ID | 2008-009A |
STS-123, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un xaponés), foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Dominic Gorie, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Robert L. Behnken, Mike Foreman, Takao Doi e Rick Linnehan.[3][5][6][7]
O Endeavour acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 3:49 GMT do 13 de marzo levando a bordo o módulo laboratorio xaponés Kibo e o brazo robótico canadense Dextre, que quedaron instalados tras cinco paseos espaciais.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 27 de marzo de 2008.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.