misión do transbordador espacial Endeavour From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-127 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 15 de xullo de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-127 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-127 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 15 de xullo de 2009, 22:03 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 15,70 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 31 de xullo de 2009[6] |
NSSDC ID | 2009-038A |
STS-127, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Polansky, o piloto Doug Hurley e os especialistas de misión David Wolf, Christopher Cassidy, Julie Payette, Tom Marshburn e Tim Kopra.[3][5][6][7]
O Endeavour levou ata a estación o terceiro e último compoñente do módulo laboratorio xaponés Kibo, que quedou instalado tras cinco paseos espaciais. A tripulación retirou tamén varias baterías obsoletas e levou varias pezas de reposto.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 31 de xullo de 2009.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.