misión do transbordador espacial Columbia From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-65 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 8 de xullo de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-65 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-65. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 8 de xullo de 1994, 16:43 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 14,75 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no módulo IML-2.[3][6] |
Regreso | 23 de xullo de 1994[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1994-039A |
STS-65, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo módulo laboratorio internacional IML-2. Os experimentos abranguían os campos da bioloxía, a física e aspectos tecnolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto James D. Halsell, o comandante de carga Richard J. Hieb, os especialistas de misión Carl E. Walz, Leroy Chiao e Donald A. Thomas e a especialista de carga Chiaki Naito-Mukai, a primeira muller xaponesa no espazo. Os experimentos a bordo do IML-2 foron unha colaboración internacional de científicos da Axencia Espacial Europea, o Canadá, Francia, Alemaña e o Xapón xunto cos Estados Unidos.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 23 de xullo de 1994.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.