misión do transbordador espacial Challenger From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-7 foi a segunda misión do transbordador espacial Challenger, lanzada o 18 de xuño de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-7 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-7. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 18 de xuño de 1983, 11:33 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 6,10 días[6] |
Obxectivo da misión | Segundo voo do Challenger, posta en órbita do Anik C-2 e do Palaba B-1, experimentos co laboratorio OSTA-2.[3][6] |
Regreso | 24 de xuño de 1983[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1983-059A |
STS-7, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita os satélites Anik C-2 e Palapa B-1, así como facer experimentos coa carga OSTA-2. A tripulación, formada polo comandante Robert L. Crippen, o piloto Frederick H. Hauck e os especialistas de misión John M. Fabian, Sally K. Ride e Norman E. Thagard, soltou tamén a plataforma SPAS-01 para recuperala máis tarde. Na STS-7 Sally Ride converteuse na primeira muller estadounidense no espazo.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 24 de xuño de 1983.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.