Salas, A Ponte de Domingos Flórez
localidade do concello da Ponte de Domingos Flórez / From Wikipedia, the free encyclopedia
Salas (oficialmente en castelán Salas de la Ribera)[1] é unha localidade do municipio leonés da Ponte de Domingos Flórez, na comunidade autónoma de Castela e León. Tiña 178 habitantes en 2020.
Datos rápidos Localización, Identificador descritivo ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Municipio | Ponte de Domingos Flórez | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24384 | |||
Pechar
Está situada na beira esquerda do río Sil, fronte á aldea de Sobredo, en Quereño (Rubiá), e a 3 km da vila da Ponte, capital municipal. O patrimonio relixioso de Salas inclúe a igrexa parroquial, dedicada a Santo André Apóstolo[2], e a ermida do Santo Cristo, no extremo oposto da da localidade.