estación espacial do programa soviético lanzada o 19 de abril de 1982 From Wikipedia, the free encyclopedia
Saliut 7, tamén coñecida como DOS-6, foi a cuarta estación espacial civil soviética lanzada con éxito. Partiu cara ao espazo 19 de abril de 1982 mediante un foguete Proton K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]
Saliut 7 / DOS-6 | |
---|---|
Esquema da Saliut 7. | |
Tipo | Científico / tecnolóxico / tripulado |
Contratistas principais | NPO Energia |
Data de lanzamento | 19 de abril de 1982, 19:45 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Proton K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/40[2][6] |
Obxectivo da misión | Comprobación dos sistemas e elementos da estación espacial, estudo do efecto no corpo humano de estancias prolongadas no espazo.[2][6] |
Decaemento | 7 de febreiro de 1991[1] |
NSSDC ID | 1982-033A |
Masa | 18 900 kg[6] |
Saliut 7 foi unha estación espacial de tipo DOS (acrónimo en ruso de Dolgovremennaya Orbitalnaya Stanziya, estación espacial duradeira) de segunda xeración, derivada das estacións militares do proxecto Almaz. Foi construída como apoio da Saliut 6 e deseñada para estancias de longa duración, para o cal contaba con dous portos de atraque, o que permitía o acoplamento dunha nave tripulada Soiuz e ao mesmo tempo a visita de naves de carga automáticas Progress ou módulos pesados provenientes do programa Almaz. A enerxía era producida por tres paneis solares e a súa masa no momento do lanzamento era de 18 900 kg. Dispoñía de fornos eléctricos, unha neveira, auga quente constante e dous dos portelos permitían o paso da luz solar ultravioleta para actuar como desinfectante. As seccións médicas, biolóxicas e de adestramento foron melloradas para facer máis cómodas as estancias longas.[2][5][6]
A pesar de que Saliut 7 era moi similar a Saliut 6 foi menos produtiva por varios problemas técnicos. De tódolos xeitos durante a súa vida útil acopláronselle temporalmente dous módulos pesados para ampliar as súas funcións: o Kosmos 1443, acoplado o 10 de marzo de 1983 e usado pola tripulación da Soiuz T-9, desacoplándose o 19 de setembro; e o Kosmos 1686, acoplado o 2 de outubro de 1983 e usado polos cosmonautas da Soiuz T-14.[2][5][6]
A estación recibiu a visita de seis tripulacións de longa estancia:[2][5][6]
Ademais, recibiu a visita de catro misións visitantes de curta estancia. En total, 22 cosmonautas pasaron pola estación, cinco deles visitandoa en dúas ocasións e un en tres. Once Soiuz T encargáronse de levar ás diferentes tripulacións ata a Saliut 7, mentres que 15 cargueiros Progress proveeron de subministracións á estación. Durante a súa vida útil fixéronse trece EVA.[2][5][6]
Entre o 19 e o 22 de agosto de 1986 os controladores de terra elevaron a órbita da estación, xa desocupada, ata os 474 x 492 km, coa esperanza de ser recuperada polo Transbordador espacial Buran antes de decaer. Debido á cancelación do Buran e a unha actividade solar maior do esperado o freado atmosférico tivo lugar a maior velocidade da calculada e a Saliut 7 acabou reentrando na atmosfera, sobre Arxentina, o 7 de febreiro de 1991[2][5][6]
A estación protagonizou o primeiro paseo espacial dunha muller, Svetlana Yevguénievna Savitskaya, en 1982.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.