Salomé, discípula
discípula de Xesús / From Wikipedia, the free encyclopedia
Salomé, tamén chamada Santa Salomé ou Santa María Salomé, foi unha seguidora de Xesús de Nazaret, a quen acompañou na cruz.[1] Posteriormente visitou o seu sartego baleiro.[1] Segundo a interpretación tradicional cristiá, sería a nai dos apóstolos Santiago o Maior e San Xoán Evanxelista e, polo tanto, tamén a esposa do Cebedeo.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I |
Morte | século I |
Apóstolo | |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 24 de abril 3 de agosto |
Familia | |
Cónxuxe | Cebedeo |
Fillos | Santiago o Maior, Xoán o Apóstolo |
Irmáns | Santa María e María de Cleofás |
Pechar
É considerada santa pola Igrexa católica, que celebra a súa festa o 22 de outubro. En Santiago de Compostela existe talvez a única igrexa parroquial dedicada á súa persoa: a Igrexa de Santa Salomé, construída no século XII.