arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zürich, Suíza.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Santiago Calatrava naceu no barrio de Benimamet de Valencia. As familias de seus pais adicábanse á exportación de cítricos, o cal lle permitiu coñecer outros países de Europa.
Á idade de oito anos, Santiago Calatrava ingresou nunha escola de arte para aprender debuxo e pintura, actividade que compaxinaba cos seus estudos escolares. Ós 13 anos a súa familia enviouno a París a través dun programa de intercambio estudantil. De volta a Valencia, rematou os seus estudos escolares e matriculouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia, onde se graduou como arquitecto e onde realizou un curso de posgraduado en urbanismo. A continuación, Calatrava, que se interesaba polas grandes obras dos mestres clásicos e que desexaba amplia-la súa formación, trasladouse en 1975 a Zürich, onde estudou durante catro anos enxeñaría civil no Instituto Federal de Tecnoloxía, no cal se graduou cun doutoramento.
No ano 2007 foille concedido o Premio Nacional de Arquitectura.[1]
Rematada a súa etapa de estudos, traballou como profesor auxiliar no Instituto Federal de Tecnoloxía, onde comezou a aceptar pequenos encargos e a participar tamén en concursos de novos proxectos. En 1983 foille adxudicada a súa primeira obra de certa importancia, a estación de ferrocarril de Stadelhofen, situada xunto ao centro de Zürich onde tamén establecera o seu despacho. Ao ano seguinte, Calatrava deseñou a Ponte do 9 de Outubro en Valencia, o que marcou o comezo da construción de numerosas pontes que se lle irían encargando a partir de entón.
En 1989 Calatrava abriu o seu segundo despacho en París, mentres traballaba no proxecto da Estación de Ferrocarril do Aeroporto de Lión. Dous anos despois creou o seu terceiro despacho, esta vez en Valencia, onde traballaba nun proxecto de grandes dimensións, a Cidade das Artes e das Ciencias. Dende aquela o seu prestixio internacional non parou de medrar.
Na actualidade Calatrava é considerado como un arquitecto especializado en grandes estruturas que se caracteriza por unha extraordinaria estética e harmonía. Contrariamente ao que adoita ser común en moitos arquitectos, que ocultan as estruturas dos seus edificios, Calatrava convérteas en elementos esenciais e en obras de arte.
Calatrava recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 1999. Foi nomeado Doutor honoris causa en doce ocasións.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.