Santuario Itsukushima
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Templo Itsukushima (en xaponés: 厳島神社) é un santuario xintoísta situado na Illa de Itsukushima (coñecida popularmente como Miyajima), máis coñecida pola súa porta torii "flotante",[1] Está na cidade de Hatsukaichi na Prefectura de Hiroshima no Xapón, accesible desde o continente en transbordador na Estación de Miyajimaguchi. O complexo do santuario está catalogado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1996, e o goberno xaponés designou varios edificios e posesións como Tesouros Nacionais.[2] Na actualidade está en perigo de derrumbe.
Santuario xintoísta de Itsukushima | |
---|---|
O Torii (porta) do Templo. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Xapón |
Localización | 34°17′45″N 132°19′11″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV, VI |
Inscrición | 1996 (20ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 776 |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O santuario de Itsukushima é unha das atraccións turísticas máis populares do Xapón. É máis famoso pola súa espectacular porta, ou torii nos arredores do santuario,[2] os picos sagrados do Monte Misen, os extensos bosques e as súas vistas ao océano.[1][3] O propio complexo do santuario consta de dous edificios principais: o santuario Honsha e o Sessha Marodo-jinja, así como outros 17 edificios e estruturas diferentes que axudan a distinguilo.[3]