Santuario da Nosa Señora das Virtudes da Ponte
construción relixiosa na Ponte (Arante, Ribadeo) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Santuario da Nosa Señora das Virtudes[1], tamén coñecido como Igrexa das Virtudes ou ermida de Santa María[2], é un templo relixioso situado no lugar da Ponte (Arante, Ribadeo). Arredor da capela celébrase a romaría das Cruces, declarada festa de interese turístico de Galicia. A virxe, coñecida como 'a santiña' pola xente do lugar, ten fama de milagreira xa no mesmo século XVI.[2]
Datos rápidos País, Localización ...
Santuario da Nosa Señora das Virtudes da Ponte | |
---|---|
Igrexa das Virtudes (exterior). Detrás dela, a ponte que lle dá nome ó lugar, sobre o río Grande | |
País | España |
Localización | A Ponte (Arante, Ribadeo) |
Coordenadas | 43°29′48″N 7°08′36″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar