Filme de 2015 dirixido por László Nemes From Wikipedia, the free encyclopedia
Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que se estreou no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.[4]
Saul fia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Saul fia |
Director | László Nemes |
Produtor | Gábor Sipos Gábor Rajna |
Guión | László Nemes Clara Royer |
Intérpretes | Géza Röhrig Levente Molnár Urs Rechn |
Música | László Melis |
Fotografía | Mátyás Erdély |
Montaxe | Matthieu Taponier |
Estudio | Hungarian National Film Fund Laokoon Film Arts Laokoon Filmgroup |
Distribuidora | Mozinet |
Estrea | Cannes: 15 de maio de 2015 11 de xuño de 2015 |
Duración | 107 minutos[1] |
Orixe | Hungría |
Xénero | Drama |
Orzamento | €1 500 000[2] |
Recadación | $6 200 000[3] |
Na rede | |
http://www.laokoonfilm.com/movies/item/son-of-saul-saul-fia e https://www.laokoonfilm.com/son-of-saul | |
|
Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015,[5] onde gañou o Grand Prix.[6] Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.[7] Foi o gañador do premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos Oscar.[8][9] É o noveno filme húngaro en ser nomeado a este premio, e o primeiro dende Hanussen de István Szabó en 1988. É o segundo filme húngaro en gañar o premio, despois de Mephisto de Szabó en 1981.[10] Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa,[11] converténdose no primeiro filme húngaro en gañar este premio.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.