Scrubs
From Wikipedia, the free encyclopedia
Scrubs é unha serie de televisión estadounidense que comezou a emitirse o 2 de outubro de 2001 pola NBC.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.) |
Formato | Comedia e drama |
---|---|
Creado por | Bill Lawrence |
Desenvolvido por | ABC Studios |
Dirixido por | Adam Bernstein Marc Buckland Matthew Diamond |
Intérpretes | Zach Braff Sarah Chalke Donald Faison Neil Flynn Ken Jenkins John C. McGinley Judy Reyes |
Tema de apertura | "Superman" de Lazlo Bane |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 168 |
Produtor(es) executivo(s) | Bill Lawrence Garrett Donovan Neil Goldman Bill Callahan Tad Quill |
Duración | 22 minutos aprox. |
Canle de orixe | NBC (2001-2008) ABC (2008-Presente) |
Formato de imaxe | 4:3 480i (SDTV) 16:9 720p (HDTV) (ABC) |
Primeiro episodio | 2 de outubro de 2001 |
Derradeiro episodio | 6 de maio de 2009 |
Na rede | |
http://www.scrubs-tv.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Creada por Bill Lawrence. a serie céntrase na vida de varios empregado do hospital docente Sacred Heart, co doutor "J.D." Dorian como o protagonista principal, un neno grande que posúe a particularidade de perderse nos seus pensamentos, retransmitidos pola súa voz interior, e de imaxinarse escenas inspiradas na realidade que se representan na pantalla, por veces no medio dunha discusión cos outros personaxes, que frecuentemente son lareteiros, brincadeiros; os diálogos son de ritmo rápido e surrealista. Durante a sétima tempada, NBC anunciou que non renovaría o programa pero ABC mercou os dereitos e o 6 de xaneiro de 2009 comezou a oitava tempada en ABC producida por ABC Studios.
Cada episodio estrutúrase arredor de historias tematicamente ligadas pola voz en off de J.D., que fai de narrador. Pese a que a serie é esencialmente cómica, os episodios teñen pasaxes serias con temas como a enfermidade, a morte, o amor ou a amizade. No final da maioría dos episodios, J.D. resume a moral filosófica ou o tema do episodio.
O último capítulo da oitava temporada, chamado My Finale, foi emitido o 6 de maio de 2009 pola cadea ABC, e como confirmou Zach Braff (o protagonista) no seu MySpace[1], haberá unha novena tempada, mais xa con outros actores. El participará nos primeiros episodios para enlazar a historia, a igual que Sarah Chalke, e logo deixaran paso aos novos personaxes.