Señorío
institución económica, política e xudicial durante a Idade Media en Europa, gobernada por un señor propietario dunha terra que cede en parte aos vasalos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O señorío foi unha institución propia das Idades Media e Moderna nos reinos cristiáns da Península Ibérica en certo modo similar ao feudo do Imperio carolinxio.
Tratábase dunha dación hereditaria de terras e vasalos, incluída a xurisdición, que facía un monarca a favor de nobres ou clérigos como pagamento por servizos prestados ou recompensa a méritos adquiridos, pero pola súa mera vontade (mercede).
Xurdiu nos reinos cristiáns do norte peninsular estendéndose, coa Reconquista ao resto do territorio, confirmándose e incrementándose (refeudalización) coa Monarquía hispánica posterior.
A súa pervivencia no tempo (até o século XIX) e o seu carácter de base económica da posición social da nobreza, sobre todo tras perder esta o seu poder político ante a monarquía absoluta, situaron aos señoríos no eixe que articulaba os sistemas social, económico e político, polo que pode considerarse que formaban parte fundamental do réxime señorial que caracterizou ao Antigo Réxime en España.
Os señoríos foron abolidos pola Constitución de 1812.