Selección de rugby de Romanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de rugby de Romanía tamén coñecida como os Carballos (Stejarii), representa a Romanía nas competicións oficiais de rugby. Sempre foi un dos equipos máis fortes do continente europeo, dentro dos que non disputaban o Torneo das Seis Nacións, mais actualmente Xeorxia ese posto. Está incluído na segunda división de seleccións internacionais e ocupa o posto 17 na clasificación de seleccións da IRB. Participa habitualmente na Copa do Mundo (participou en tódalas edicións disputadas ata o momento, logrando como mellor resultado unha vitoria na fase de grupos nas edicións de 1987, 1991, 1999, 2003 e 2007), na Copa de Europa e na Super Cup.
Romanía | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Stejarii | ||
Emblema | Folla de carballo | ||
Unión | Federaţia Română de Rugby | ||
Adestrador | Andy Robinson | ||
Capitán | Mihai Macovei | ||
Mais caps | Florin Vlaicu (120) | ||
Máis ensaios | Cătălin Fercu (33) | ||
Estadio | Arcul de Triumf (8 155) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 19 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 13 (2006) | ||
Mínimo | 20 (2019) | ||
Estrea internacional | |||
Romanía 0−21 Estados Unidos París, Francia; 1 de xullo de 1919 | |||
Maior vitoria | |||
Bulgaria 0−100 Romanía Burgas, Bulgaria; 21 de setembro de 1976 | |||
Maior derrota | |||
Inglaterra 134−0 Romanía Londres, Reino Unido; 17 de novembro de 2001 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1987, 1991, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015). |
A década dos oitenta foi o mellor período da historia da selección romanesa, cando chegou a vencer a Gales en dúas ocasións, a Escocia (ao equipo que lograra o Grand Slam de 1984) e a Francia en dúas ocasións. En 1981 perdeu fronte aos All Blacks por un axustado 14-6, a pesar de que lles foron anulados dous ensaios. Existen rumores de que nesa época foi convidada a disputar o Torneo 5 Nacións, mais supostamente a invitación foi refusada debido a que a celebración do Torneo coincidía coa parada invernal da Liga Romanesa. Porén, o rugby romanés sufriu un lixeiro retroceso nas últimas dúas décadas, coincidindo coa deterioración da política e a economía nacional.