Selección de rugby de Suráfrica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de rugby de Suráfrica (popularmente coñecida coma os Springboks ou Bokke) é o equipo nacional que representa a Suráfrica nas competicións absolutas masculinas de rugby. Os Springboks visten camisola verde co colo dourado, pantalón branco e medias verdes. O seu emblema tradicional é o Springbok (un tipo de gacela) e mais recente é a Protea (planta floral típica do sur de África) que é un emblema nacional en xeral. Suráfrica leva xogando ao rugby dende 1891, cando un combinado das Illas Británicas fixo unha xira polo país, xogando os Springboks o seu primeiro partido o 30 de xullo. O actual adestrador do equipo é Jacques Nienaber.
Suráfrica | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Springboks Bokke | ||
Emblema | Gacela e protea | ||
Unión | SA Rugby | ||
Adestrador | Jacques Nienaber | ||
Capitán | Siya Kolisi | ||
Mais caps | Victor Matfield (127) | ||
Máximo anotador | Percy Montgomery (893) | ||
Máis ensaios | Bryan Habana (67) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 1º (30 de outubro de 2023) | ||
Estrea internacional | |||
Suráfrica 0−4 Illas Británicas Porto Elizabeth, Suráfrica; 30 de xullo de 1891 | |||
Maior vitoria | |||
Suráfrica 134−3 Uruguai East London, Suráfrica; 11 de xuño de 2005 | |||
Maior derrota | |||
Nova Zelandia 57−0 Suráfrica Auckland, N. Zelandia; 16 de setembro de 2017 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1995) | ||
Mellor resultado | Campións (4 veces) (1995, 2007, 2019, 2023) |
A selección de Suráfrica gañou a Copa do Mundo de Rugby en catro ocasións: 1995, 2007, 2019 e 2023, sendo a selección cun maior número de títulos, e ocupa o primeiro posto na clasificación oficial de World Rugby.[1] Aínda que Suráfrica foi parte na creación do Mundial de Rugby, os Springboks non foron autorizados a participar nas dúas primeiras edicións de 1987 e 1991 debido á loita contra o apartheid.
Á parte de participar cada catro anos na Copa do Mundo, os Springboks compiten cada ano no Rugby Championship (o antigo Tri Nations), que teñen gañado en catro edicións: 1998, 2004, 2009 e 2019. Ademais Suráfrica ten recibido 14 xiras dos British and Irish Lions (selección dos mellores xogadores de Inglaterra, Gales, Escocia e Irlanda) dende 1891 até 2021, sendo eventos moi seguidos polos medios, e nas que os Springboks gañaron 9 das 14 series disputadas: 1903, 1910, 1924, 1938, 1962, 1968, 1980, 2009 e 2021.[2]
Os Springboks se caracterizan por un xogo de desgaste físico, de presión ó rival con placaxes dominantes e patadas a seguir, que contrasta co estilo do seu máximo rival histórico, os All Blacks de Nova Zelandia, que se caracterizan por levar a cabo un rugby expansivo con xogo á man.
A selección de rugby de Suráfrica recibiu o Premio Laureus como mellor equipo do deporte mundial nos anos 2008 e 2020, e estivo entre os nomeados en 2010. Os Springboks son o único equipo de rugby que acadou ese recoñecemento dúas veces.[3]