Selenometionina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selenometionina (SeMet) é un aminoácido natural. O enantiómero L L-selenometionina é a principal forma de selenio que se encontra nas noces do Brasil, cereais, soia, e legumes de pradeira, mentres que a Se-metilselenocisteína, ou o seu derivado γ-glutamil, é a principal forma de selenio atopada en plantas das especies de Astragalus, Allium e Brassica.[1] In vivo, a selenometionina incorpórase aleatoriamente en lugar da metionina. A selenometionina é rapidamente oxidada.[2]
Selenometionina | |
---|---|
Outros nomes MSE | |
Identificadores | |
Número CAS | 3211-76-5 (L), 1464-42-2 (D/L) |
PubChem | 15103 |
ChemSpider | 14375 |
UNII | 964MRK2PEL (L), J9V40V4PKZ (D/L) |
ChEBI | CHEBI:27585 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H11NO2Se |
Masa molecular | 196,106 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A actividade antioxidante da selenometionina débese á súa capacidade de facer diminuír as especies reactivas do oxíxeno. O selenio e a metionina tamé xogan papeis na formación e reciclaxe do glutatión, un antioxídante endóxeno clave en moitos organismos, incluíndo os humanos.