páxina de homónimos de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
En anatomía e bioloxía un septo[1] é unha parede que divide de forma completa ou incompleta unha cavidade ou estrutura en partes máis pequenas.
En anatomía os septos (ou septum, plural septa) son as paredes ou tabiques que dividen órganos e cavidades ou partes de tecidos. Por exemplo, o septo ou tabique nasal ou os septos que separan os alvéolos pulmonares. Outros exemplos son: tabique interarticular (septum atriorum), septo do bulbo uretral, septo crural, septo pelúcido (septum pellucidum) do cerebro etc.[2]
Os septos histolóxicos aparecen na maioría dos tecidos do corpo, especialmente onde se necesita que os tecidos brandos sexan máis duros, e tamén proporcionan planos para a entrada de pequenos vasos sanguíneos. Como as densas fibras de coláxeno que forman os septos xeralmente se estenden aos tecidos adxacentes, os septos fibrosos microscópicos están peor definidos que os macroscópicos mencionados ao principio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.