O serbocroata[4] ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles.
Serbocroata srpskohrvatski, hrvatskosrpski српскохрватски, хрватскосрпски | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Serbio, croata, bosníaco, montenegrino | |
Falado en: | Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Kosovo. | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 19 millóns (2007)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Baltoeslavo Eslavo Eslavo meridional Occidental Serbocroata | |
Escrita: | Alfabeto latino e cirílico. Braille iugoslavo. | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Serbia (como serbio) Croacia (como croata) Bosnia e Hercegovina (como bosníaco) Montenegro (como montenegrino) Kosovo (como serbio)[2] | |
Regulado por: | Instituto de Lingua e Lingüística Croata (Croata) Consello de estandarización da lingua serbia (Serbio) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sh (obsoleto) | |
ISO 639-2: | scr, scc (obsoletos) | |
ISO 639-3: | hbs
| |
Mapa | ||
Status | ||
Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal. A turbulenta historia da área, particularmente despois da expansión do Imperio Otomán, deu lugar a un mosaico de diferenzas dialectais e relixiosas. Por mor das migracións de poboación, o dialecto štokavski converteuse no máis estendido nos Balcáns occidentais, introducíndose nas áreas ocupadas polos dialectos čakavica e kajkavica (ó tempo que formaba a lingua eslovena no noroeste). Bosníacos, croatas e serbios diferéncianse pola relixión, e historicamente estiveron baixo o poder de señores estranxeiros. Durante este período, a lingua tiña gran variedade de nomes, como "eslavo", "ilirio", ou dependendo da rexión "bosníaco", "serbio" e "croata", este último en combinación con "eslavonio" ou "dálmata".
Dialectos
A lingua constitúe un diasistema, dividido en dous dialectos principais:
- o croata, que usa o alfabeto latino;
- o serbio, que usa dous alfabetos: o alfabeto cirílico e o alfabeto latino;
Galego | Croata | Bosníaco | Serbio |
---|---|---|---|
Debido ás emisións de gases e á contaminación do aire en Xerusalén, sería preciso tomar precaucións! | Glede ispušnih plinova i zagađivanja zraka u Jeruzalemu, bilo bi potrebito poduzeti mjere sigurnosti! | U pogledu izduvnih gasova i zagađivanja vazduha u Jerusalimu, bilo bi potrebno preduzeti mjere bezbjednosti! | У погледу издувних гасова и загађивања ваздуха у Јерусалиму, било би потребно предузети мере безбедности! |
Croata | Bosníaco | Serbio | Galego |
---|---|---|---|
Bijela sol za kuhanje kemijski je spoj natrija i klora. | Bijela so za kuhanje je hemijski spoj natrijuma i hlora. | Bela so za kuvanje je hemijsko jedinjenje natrijuma i hlora. | O sal branco para cociñar é un composto químico de sodio e cloro. |
Vlak sa željezničkoga kolodvora krenut će točno u deset sati. | Voz sa željezničke stanice krenut će tačno u deset sati. | Voz sa železničke stanice krenuće tačno u deset sati/časova. | A viaxe en tren comezará exactamente ás dez. |
A antiga Iugoslavia era un verdadeiro caldeiro de mesturas: dous alfabetos (cirílico e latino), tres linguas oficiais (serbocroata, esloveno e macedonio), tres relixións predominantes (igrexa católica, igrexa ortodoxa e islamismo), oito etnias principais (serbios, croatas, bosníacos, macedonios, eslovenos, albaneses, montenegrinos, e húngaros), e seis repúblicas. Coa súa disolución produciuse unha simplificación notable no sentido de que cada nova entidade identificouse cun Estado determinado (Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte). Malia todo, as dificultades en tódolos niveis nesta rexión dos Balcáns persisten. Inclusive no aspecto lingüístico.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.