Lingua serbocroata

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lingua serbocroata
Remove ads

O serbocroata[4] ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles.

Datos rápidos Serbocroata srpskohrvatski, hrvatskosrpskiсрпскохрватски, хрватскосрпски, Status oficial ...

Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal. A turbulenta historia da área, particularmente despois da expansión do Imperio Otomán, deu lugar a un mosaico de diferenzas dialectais e relixiosas. Por mor das migracións de poboación, o dialecto štokavski converteuse no máis estendido nos Balcáns occidentais, introducíndose nas áreas ocupadas polos dialectos čakavica e kajkavica (ó tempo que formaba a lingua eslovena no noroeste). Bosníacos, croatas e serbios diferéncianse pola relixión, e historicamente estiveron baixo o poder de señores estranxeiros. Durante este período, a lingua tiña gran variedade de nomes, como "eslavo", "ilirio", ou dependendo da rexión "bosníaco", "serbio" e "croata", este último en combinación con "eslavonio" ou "dálmata".

Remove ads

Dialectos

A lingua constitúe un diasistema, dividido en dous dialectos principais:

Máis información Galego, Croata ...
Máis información Croata, Bosníaco ...

A antiga Iugoslavia era un verdadeiro caldeiro de mesturas: dous alfabetos (cirílico e latino), tres linguas oficiais (serbocroata, esloveno e macedonio), tres relixións predominantes (igrexa católica, igrexa ortodoxa e islamismo), oito etnias principais (serbios, croatas, bosníacos, macedonios, eslovenos, albaneses, montenegrinos, e húngaros), e seis repúblicas. Coa súa disolución produciuse unha simplificación notable no sentido de que cada nova entidade identificouse cun Estado determinado (Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte). Malia todo, as dificultades en tódolos niveis nesta rexión dos Balcáns persisten. Inclusive no aspecto lingüístico.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads