sacerdote e historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Sergio Vázquez Rouco, nado o 15 de setembro de 1933 na parroquia de Salaia (Palas de Rei)[1] e finado o 3 de abril de 2006,[2] foi un sacerdote e historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1933 Salaia, España |
Morte | 3 de abril de 2006 (72 anos) |
Lugar de sepultura | Salaia |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , historiador |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Foi ordenado presbítero en 1962 e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1966. Foi coadxutor da parroquia de San Xoán de Poio entre 1967 e 1970 e párroco até 1982.[1]
Após se trasladar a Madrid, entre os anos 1983 e 1987, doutorouse e realizou a carreira de Antropoloxía relixiosa e Ética na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Superior de Ciencias Morais. De 1987 a 1990 foi director da igrexa de Buena Dicha.[1]
De volta a Galiza, entre 1990 e 1995, foi profesor de relixión no instituto Eduardo Pondal de Compostela á parte de vigairo das parroquias de San Mamede do Monte, Covas e San Cibrán de Barcala.[1]
Desde o 1 de xaneiro de 1996 foi párroco de Curtis. Como tal, realizou numerosas obras de acondicionamento e mellora das instalacións, quer nas igrexas de Santaia e Teixeiro, quer na súa contorna. Restaurou a casa reitoral de Teixeiro, participou na reconstrución da antiga fonte da Nosa Señora de Teixeiro e impulsou a figura de San Pedro de Mezonzo.[1][3][4]
Finou o 3 de abril de 2006, con 72 anos.[2] Foi enterrado na súa parroquia natal o 6 de abril[5] e o seu funeral foi celebrado polo arcebispo Julián Barrio na igrexa de Teixeiro o 28 de abril.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.