Sociedade Internacional para a Música Contemporánea
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade Internacional para a Música Contemporánea (ISCM) (en inglés: 'International Society for Contemporary Music') é unha organización musical que promove a música contemporánea. Estableceuse en Salzburgo en 1922, como Internationale Gesellschaft für Neue Musik (IGNM)[1] fixándose o obxectivo de organizar un festival anual nun dos 14 países membros. O primeiro festival celebrouse en Londres en 1923. Tiña 27 países membros en 1976 e 50 en 2010. A súa principal actividade é o World Music Days Festival, realizado todos os anos nun lugar diferente. Celebráronse xa un total de 86, sendo o máis recente o que tivo lugar en Vancouver, Canadá en novembro de 2017.[2]
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
A filiación da organización faise a través de seccións nacionais que promoven a música contemporánea en cada país. Estas seccións son xeralmente organizacións independentes da ISCM, que envían representantes para a Asemblea Xeral da ISCM. Cada sección nacional ten dereito a enviar seis obras para se avaliar e participar en cada edición do World Music Days Festival.
A ISCM inclúe tamén organizacións nacionais que promoven a música contemporánea, pero que non se designaron sección de nación, é o caso, por exemplo, dos membros asociados. E algúns profesionais individuais recoñécense como "membro honorario". A ISCM tamén publica a World New Music Magazine.