misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz 9 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 1 de xuño de 1970 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 9 | |
---|---|
Selo postal conmemorativo da misión Soiuz 9 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 1 de xuño de 1970, 19:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 17,71 días[6] |
Obxectivo da misión | Proba de resistencia en voo.[2][6] |
Regreso | 19 de xuño de 1970, 11:59 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1970-041A |
Masa | 6460,0 kg[2][5][6] |
Soyuz 9, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas A. Nikolayev (comandante) e Vitali Sevastianov (enxeñeiro de voo) a bordo, foi lanzada para unha misión de resistencia na que se puxo ao límite a capacidade da tripulación e da propia nave durante un voo de algo máis de dúas semanas, antes do lanzamento da primeira estación espacial da Historia, a Saliut 1. A finalidade era obter datos médicos, biolóxicos e técnicos durante o voo. A falta de exercicio dos cosmonautas pola falta de espazo no interior da nave e a rotación continua da nave para aforrar propelente e que inducíu mareo espacial na tripulación deixaron a Nikolayev e Sevastyanov en mal estado ao seu regreso, producindo resultados médicos e biolóxicos pouco útiles.[2][3][4][5]
A cápsula tripulada volveu a terra o 19 de xuño de 1970 ás 11:59 GMT.[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.