misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz TM-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de outubro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soyuz TM-20 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-20. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 3 de outubro de 1994, 22:42 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 169,22 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 22 de marzo de 1995, 4:04 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1994-063A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-20, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Elena Kondakova (a terceira muller rusa no espazo e a primeira nunha misión de longa duración), Ulf Merbold (da Axencia Espacial Europea) e Alexander Viktorenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
A tripulación probou o sistema de acoplamento automático Kurs desacoplando a Soiuz , alonxándoa uns centos de metros e deixando que se volvera a acoplar automaticamente, con éxito. O sistema fallara durante a chegada da Progress M-24. Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-25.[2][3][4][5]
A Soiuz regresou a terra o 22 de marzo de 1995 ás 4:04 GMT, tocando terra a uns 22 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.