From Wikipedia, the free encyclopedia
O Speed metal é un estilo musical, subxénero do Heavy Metal, caracterizado pola elevada velocidade rítmica (do inglés, speed, rápido). A velocidade típica supera as 190 pulsacións por minuto (p.p.m.), en compases 4x4 con patróns típicos de semicorcheas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Speed metal | |
---|---|
e | |
Orixe musical | NWOBHM, heavy metal, hardcore punk[1] |
Orixe cultural | Finais dos 1970, Europa e Norteamérica |
Instrumentos típicos | Guitarra - Baixo - Batería - Voz |
Derivados | heavy metal neo-clásico, power metal, thrash metal |
A súa orixe remóntase ós anos oitenta, logo do auxe do Metal Británico, cando este estende a súa popularidade a Europa. Momento cumio no auxe deste estilo constitúeo a publicación do L.P. The Walls of Jerico de Helloween en 1985.
A estrutura da maioría dos temas de Speed Metal é bastante simple: dúas estrofas (normalmente de catro a seis versos), unha estrofa que serve de ponte rítmica entre as estrofas e o estribillo (normalmente de dous ou tres versos), un estribillo (que acostuma constar de catro versos e que normalmente se repite dúas ou catro veces) con patróns rítmicos de brancas ou redondas; logo unha estrofa, unha estrofa ponte (que pode ser repetición da estrofa ponte anterior) e o estribillo; de seguido, un solo de guitarra, e finalízase coa estrofa ponte e o estribillo, o cal se repite varias veces ata o remate. É común tamén que entre o primeiro estribillo e a estrofa seguinte se intercale un fragmento de solo.
Non obstante, os grupos de Speed Metal raramente se dedican a este estilo en exclusiva, senón que adoitan combiñalos con outros estilos e elementos moi diversos para producir os seus temas. Exemplos notables constitúenos entre outros Blind Guardian ou Gamma Ray. Isto provocou unha especie de evolución dentro do subxénero, que comezou a denominarse Power Metal. Actualmente, son poucos os grupos considerados como grupos de Speed Metal, aínda que en ocasións os integrantes dun grupo se definan así a si mesmos.
A fronteira entre Metal Melódico, Speed Metal, Power Metal, Metal Épico, e Metal Neoclásico é moi difusa. A vertixe rítmica do Speed Metal conséguese co uso masivo de figuras de semicorcheas executadas con técnica de Apagado nas guitarras (é habitual emprego da técnica denominada Encabalgamento) e executando dobre bombo nas baterías, de maneira que o ritmo de platillos se fai cun brazo e só queda outro para as caixas ou timbais. Os solos de guitarra son rapidísimos, combinando patrós de semicorcheas con fusas e incluso semifusas mediante todo tipo de técnicas, e acostuman a supor aproximadamente a cuarta parte da duración total do tema en execución, para unha duración típica ó redor dos catro minutos e medio. Ocasionalmente, a guitarra rítmica acompaña á guitarra solista, pero con máis frecuencia executa tamén certos fragmentos do solo, e incluso executa o propio solo noutra tonalidade, armonizando o solo da guitarra solista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.