Real Sporting de Gijón
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.[1]
Sporting de Gijón | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Sporting de Gijón, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Rojiblancos (Branquivermellos); Sportinguistas | |||
Fundación | 1 de xullo de 1905 (118 anos) | |||
Estadio | El Molinón, Xixón, España | |||
Inauguración | 1908 | |||
Capacidade | 25.538 | |||
Presidente | Javier Fernández Rodríguez | |||
Adestrador | Rubén Baraja | |||
Liga | Segunda División | |||
2017–18 | 4.º | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Concello de Xixón | |||
Na rede | ||||
http://www.realsporting.com/ | ||||
| ||||
Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.
Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.