O Stade Français Paris é o nome da sección de rugby do club polideportivo parisiense Stade Français. Actualmente, xoga na liga profesional francesa: o Top 14.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Stede Français
NomeStade Français Paris
Alcume(s)Todos rosas
Fundación1883
SedeParís, Francia
Estadio(s)a) Stade Jean-Bouin
b) Stade de France
Capacidadea) 12.000
b) 80.000 espectadores
PresidenteFrancia Thomas Savare
AdestradorFrancia Gonzalo Quesada
CapitánItalia Sergio Parisse
Liga(s)Top 14
2015-16-
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Casa
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Fóra
Na rede
http://www.stade.fr
Twitter: SFParisRugby Instagram: stade_francais_paris Youtube: UC9HI0fd8SE_IfSaFkVKfPLA Editar o valor en Wikidata
Pechar

Historia

A sección de rugby do Stade Français (Estadio francés), fundada en 1883, é un dos clubs máis antigos da disciplina en Francia e tamén un dos clubs de rugby profesional máis importantes dese país. O 19 de maio de 1892, o club acadou o seu primeiro título de campión nacional gañando (7-3) ao seu grande rival, tamén parisiense, o Racing Club de France. En total o Stade Français gañou 8 veces o campionato entre 1892 e 1908.

O «deporte rei», coma o chamaron en Francia, creceu sobre todo nas rexións do Suroeste de Francia. Os clubs parisienses deixan ver a súa supremacía sobre os clubs desas rexións: O Stade Bordelais UC (Bordeos), o FC Lourdes, o AS Beziers ou o Stade Toulousain. Mais a mediados dos anos '90, cando o club estaba evolucionando á quinta división, o Stade Français viviu unha gran revolución interna.

O seu novo presidente, Max Guazzini, personaxe importante do sector audiovisual francés (antigo presidente do Grupo NRJ), revolucionou o club e o xeito de comunicar dos clubs de rugby: poñendo cheerladers no estadio, música rock e unha camiseta con deseño orixinal. O primeiro gran golpe nos medios foi cando a cantante norteamericana Madonna, amiga de Max Guazzini, ofreceuse a ser a madriña do Stade Français, que daquela xogaba na terceira división.

Outro momento importante foi a fusión que fixo o Stade Français co CASG, outro club de rugby parisiense, o que lle permitiu ter un estadio no centro de París. No ano 1998, exactamente noventa anos despois do seu último título, o Stade Français ingresa na máxima división do rugby francés. Os parisienses non se contentan con este ascenso, senón que tamén, e grazas ao seu adestrador Bernard Laporte, lévanse o título o mesmo ano e erguen o famoso Escudo de Brennus gañando a final fronte ao USA Perpiñán no Stade de France.

A rivalidade entre o Stade Toulousain e o Stade Français fíxose entón moi forte. O Stade Français comezou a perturbar o medio conservador do rugby coa súa camiseta semellante á dun superheroe, o seu calendario de xogadores espidos que sae cada ano etc. Os resultados deportivos tamén están presentes, o Stade Français levouse a liga en 2000, 2003 e 2004. Curiosamente nunca conseguiu gañar a Copa de Europa a pesar das súas dúas finais perdidas contra o Leicester RFC de Inglaterra en 2001 e o Stade Toulousain no 2005 no estadio Murrayfield de Edimburgo.

Mais máis aló dos seus títulos, o grande éxito do Stade Français é comercial: frecuentemente o Stade Français enche os grandes estadios da capital francesa: o Parc des Princes (50000 persoas) ou o Stade de France (80000). Aos medios de comunicación galos gústalles falar da última provocación do Stade Français, calendarios ou uniformes rosados. Así, nunha enquisa, os parisienses afirmaron que se identifican máis co club do Stade Français que co Paris Saint-Germain de fútbol.

Thumb
Christophe Dominici, co uniforme de cor rosada

Xogadores destacados

  • Período «pre-Max Guazzini»: Jacques Chaban Delmas, Pierre Gauderman, P. do Rio Branco da Silva Paranhos, Roland Garros, Alban Moga.
  • Período «Max Guazzini»: Denis Charvet, Jean-Baptiste Lafond, Christophe Moni, Olivier Roumat, Fabien Galthié, Fabrice Landreau, Christophe Dominici, Diego Domínguez, Christophe Juillet, Thomas Lombard, Franck Comba, Sylvain Marconnet, Pieter de Villiers, Agustín Pichot, Ignacio Corleto, Juan Martín Hernández.

Palmarés

Tempada actual

Máis información Posto, Equipo ...
Francia Top 14 — Tempada 2017/18
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Montpellier Hérault (F) 81261709752559+193112
Racing 92 (SF) 80261808622478+14453
Stade Toulousain (CF) 74261619719595+12444
RC Toulon (CF) 732614012766507+25998
Lyon OU (SF) 702615011689545+14473
Castres Olympique (C) 692615011638624+1445
Stade Rochelais 672614111686531+15563
Section Paloise 662615011590584+624
ASM Clermont Auvergne 542611114629687–5944
10ºUnion Bordeaux Bègles 482610115557623-6624
11ºSU Agen 462610016537757-22024
12ºStade Français 42269017540740-20024
13ºOyonnax Rugby 39267316566824-25814
14ºCA Brive 36267118485736-24115
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º).
En azul      os clubs clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      os clubs que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Pechar

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.