From Wikipedia, the free encyclopedia
Steven Jay Shelley, nado en Midland (Míchigan) o 23 de xuño de 1963, é un batería e produtor musical estadounidense, coñecido por tocar na banda de rock alternativo Sonic Youth dende o ano 1985.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1962 (62 anos) Midland, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Herbert Henry Dow High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | batería , produtor musical , compositor |
Período de actividade | 1983 - |
Xénero artístico | Rock alternativo e indie rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Alternative Tentacles |
Shelley tocou en varias bandas de Míchigan coma Faith and Morals e Strange Fruit, e estivo na formación orixinal da banda seminal de punk rock The Crucifucks. Despois de deixar The Crucifucks mudouse a Manhattan, alugando o piso de Thurston Moore e Kim Gordon mentres estes estaban de xira con Sonic Youth por Europa. Cando a banda volveu foi contratado como batería sen pasar por unha audición, substituíndo a Bob Bert.[1]
En 1992 fundou o selo independente Smells Like Records, con base en Hoboken, New Jersey, onde vive no presente. Xunto co seu amigo e músico de Two Dollar Guitar Tim Foljahn, axudou a lanzar a carreira de Cat Power, servindo como batería nos seus primeiros tres álbums. Tamén produciu o álbum de debut de Blonde Redhead en 1993, Blonde Redhead, e o de Cat Power What Would the Community Think? en 1996. Steve puido localizar a Lee Hazlewood en 1997 e conseguir o permiso para reeditar cinco dos mellores títulos do seu catálogo. Smells Like Records tamén publicou unha colección de stándards gravados en 1997, sendo as primeiras novas gravacións de Hazlewood lanzadas domesticamente en case dúas décadas.
En 1998 Shelley tocou na banda sonora do filme Velvet Goldmine coma membro de Wylde Ratttz, xunto co guitarrista de The Stooges Ron Asheton, o seu compañeiro en Sonic Youth Thurston Moore, o baixista Mike Watt, Don Fleming, Mark Arm de Mudhoney e Jim Dunbar.
Outros traballos destacables fóra de Sonic Youth foron as gravacións e actuacións con varios artistas coma Christina Rosenvinge, Chris Lee, John Wolfington, Michael Powers, Michael Rother, Howe Gelb ou Enrique Morente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.