futbolista e adestrador inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Steven George Gerrard, nado en Merseyside o 30 de maio de 1980, é un exfutbolista e adestrador inglés. Xogaba de centrocampista e desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Liverpool da Premier League e na selección inglesa, sendo capitán de ambos. Dende 2021 adestra o Aston Villa.
Steven Gerrard | |||
---|---|---|---|
Gerrard con Inglaterra na Euro 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | Steven George Gerrard | ||
Nacemento | 30 de maio de 1980 | ||
Lugar de nacemento | Whiston | ||
Altura | 1,83[1] | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Aston Villa (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
1987–1998 | Liverpool | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998–2015 | Liverpool | 504 | (120) |
2015–2016 | LA Galaxy | 34 | (5) |
Selección nacional | |||
1999–2000 | Inglaterra sub-21 | 4 | (1) |
2000–2014 | Inglaterra | 114 | (21) |
Adestrador | |||
2018–2021 | Rangers | ||
2021– | Aston Villa | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Debutou como profesional no Liverpool en 1998 e consolidou o seu posto no primeiro equipo no ano 2000, sucedendo a Sami Hyypiä como capitán en 2003. Conta no seu palmarés con dúas FA Cups, tres Copas da liga, dúas Community Shields, unha Champions League, unha UEFA, e dúas Supercopas de Europa.
Gerrard debutou coa selección no 2000, e dende entón representou a Inglaterra nas eurocopas do 2000 e do 2004, así como nos mundiais de 2006 – onde foi o máximo goleador do equipo con dous goles – 2010, onde capitaneou por primeira vez a Inglaterra, pola ausencia do capitán habitual Rio Ferdinand, que perdeu o torneo por unha lesión.[2] Normárono primeiro capitán da selección trala Eurocopa de 2012,[3] onde Inglaterra recibiu o premio de mellor equipo do torneo.[4]
Gerrard está considerado un dos mellores centrocampistas ingleses da historia " un verdadeiro líder, Gerrard é un corredor incansábel cunha magnífica visión de xogo. O seu pase largo é temido por todo o mundo."[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.