![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a8/Steven_Tyler_by_Gage_Skidmore_3.jpg/640px-Steven_Tyler_by_Gage_Skidmore_3.jpg&w=640&q=50)
Steven Tyler
cantante estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Steven Victor Tallarico, nado en Yonkers, Nova York, Estados Unidos, o 26 de marzo de 1948, máis coñecido na industria da música como Steven Tyler é un músico, compositor, actor e multiinstrumentista líder e vocalista da banda de rock estadounidense Aerosmith.[1]
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) Steven Tyler (en) Steven Victor Tallarico ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Steven Victor Tallarico ![]() 26 de marzo de 1948 ![]() Nova York (Estados Unidos de América) ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Steven Tyler ![]() |
Residencia | Maui ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Berklee College of Music Roosevelt High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Boston ![]() |
Ocupación | cantante , actor , pianista , guitarrista , compositor , intérprete de banxo , cantautor , mandolinista ![]() |
Período de actividade | 1965 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Tesitura | Tenor e Contratenor ![]() |
Instrumento | Harmónica e voz ![]() |
Selo discográfico | Columbia Records ![]() |
Compañeiro profesional | Joe Perry (pt) ![]() ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Teresa Barrick (1988–1991), divorcio Cyrinda Foxe (1978–1987), divorcio |
Parella | Bebe Buell (pt) ![]() Julia Holcomb (pt) ![]() ![]() |
Fillos | Liv Tyler ( ![]() ![]() Taj Tallarico ( ![]() ![]() Mia Tyler (pt) ![]() ( ![]() ![]() Chelsea Tyler (en) ![]() ( ![]() ![]() ![]() |
Parentes | Tommy Tallarico (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
Páxina web | steventyler.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
É coñecido pola súa habilidade para executar moi diversos instrumentos musicais. En 2008, a revista Rolling Stone elixiuno como un dos 100 mellores cantantes da historia e tamén o situou no posto 57 entre os 100 artistas máis grandes de todos os tempos.[2] Así mesmo, foi escollido pola revista estadounidense Hit Parader como o terceiro mellor vocalista de heavy metal da historia, só superado por Robert Plant e Rob Halford.[3] Ademais, figura no posto 13 na lista dos 40 mellores vocalistas de rock de todos os tempos, segundo a cadea de radio dixital Planet Rock.[4] En 2005, a revista estadounidense de música Blender e a cadea musical MTV2 seleccionárono como un dos mellores vocalistas e situárono no posto 16 dunha a listaxe de 22 artistas.[5] O selo discográfico Roadrunner Records escolleuno como un dos mellores cantantes de música "metal" e situouno no posto 8 dunha lista de 50 intérpretes.[6] En 2001 foi premiado pola cadea musical VH1 por ser o rockeiro con mellor estilo nos VH1 Fashion Awards.[7]
Steven Tyler formou parte do xurado do recoñecido programa de talentos American Idol e, desde 2001, está incluído no Salón da Fama do Rock xunto con Aerosmith.[8]