Un Stradivarius é un instrumento de corda construído por un membro da familia italiana de Antonio Stradivari. Os instrumentos de Stradivarius son moi valorados polos intérpretes máis importantes do mundo e polos coleccionistas de antigüidades. As características sonoras e individuais destas obras de arte son consideradas únicas, e a miúdo os instrumentos identifícanse polo nome de alguén, xeralmente un músico famoso que foi o seu propietario ou que simplemente o utilizou nalgún momento para as súas interpretacións. Estudos modernos certificaron que non son mellores que os violíns modernos, en todo caso, son os mellores coñecidos en toda a historia dos violíns.[1]

Thumb
Violín de Antonio Stradivari no Musikinstrumentenmuseum, Berlín.

Entre as explicacións baralladas para a súa calidade de son, inclúense o uso dunha laca especial, dun tratamento químico da madeira, de distintas formas de secado da mesma ou do uso dunha madeira moi anella.[2] Un estudo conxunto das universidades de Columbia e Tennessee, de 2003, suxire que se usou madeira de árbores que tiveron un crecemento máis lento do normal -debido a un ciclo solar que produciu invernos longos e veráns menos calorosos do habitual durante a chamada Pequena Idade de Xeo-, polo que a madeira fose máis densa nesa época.[2]

Stradivarius no Metropolitan Museum of Art de Nova York

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.