Sucesión de Fibonacci
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, a sucesión de Fibonacci é a sucesión de números naturais:
A sucesión comeza cos números 0 e 1,[2] e a partir destes a relación de recorrencia que a define é que «cada termo é a suma dos dous anteriores».
Aos elementos desta sucesión chámaselles números de Fibonacci. Esta sucesión foi descrita en Europa por Leonardo de Pisa, matemático italiano do século XIII tamén coñecido como Fibonacci. Ten numerosas aplicacións en ciencias da computación, matemáticas e teoría de xogos. Tamén aparece en configuracións biolóxicas, como por exemplo nas ramas das árbores, na disposición das follas no tallo, nas flores das alcachofas e xirasois, nas inflorescencias do brócoli romanesco e na configuración das piñas das coníferas.