![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Rhus_copallinum.jpg/640px-Rhus_copallinum.jpg&w=640&q=50)
Sumagre
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sumagres[1] (xénero botánico: Rhus L.) son árbores pertencentes á familia Anacardiaceae.
Sumagre (xénero Rhus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Rhus copallinum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
O xénero conta con aproximadamente 250 especies de plantas fanerógamas. Algunhas especies antes emprazadas neste xénero, inclúense agora no xénero Toxicodendron, coma T. radicans, T. diversilobum e T. vernix, e se diferencian pola súa follaxe altamente alérxica e polo seu froito branco cinsento.
Os sumagres atópanse nas rexións temperadas e subtropicais de todo o mundo, cunha gran diversidade no sur de África.
Son arbustos e arboriñas que acadan 1-10 m de altura. As follas dispostas en espiral, son usualmente pinnadas compostas, aínda que algunhas especies son trifoliadas ou simples. As flores agrúpanse en mestas panículas de 5-30 cm de lonxitude, son moi miúdas da cor do leite, verdosas ou avermelladas, con cinco pétalos. O froito forma mesos acios de drupas encarnadas.
Propágase por sementes espalladas polos paxaros e outros animais grazas ás feces, e por rizomas, formando grandes colonias.